A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na entrega de premios da XI Ruta do Albariño-Memorial Modesto Sánchez Teto. A proba deportiva, que desde este ano forma parte do novo Trofeo Miño-Galaico, reuniu en Cambados a preto de 100 corredores da categoría júnior pertencentes a catorce clubs chegados de Galicia e de Portugal.
Luisa Sánchez felicitou aos participantes nesta proba, que percorreron 106 quilómetros, nunha ruta que consistiu en dúas voltas a un circuíto inicial de 22 quilómetros e unha subida ao alto do Busto.