O Conservatorio oferta 14 prazas do Grao Elemental e 17 no Profesional

Hai 11 especialidades instrumentais abertas á matriculación ▶ A inscrición para participar nas probas de acceso está aberta ata o 10 de maio

Imagen recurso de instrumentos musicales. DS
photo_camera Imagen recurso de instrumentos musicales. DS

O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía oferta un total de 31 prazas para o curso escolar 2024/25, das cales 14 correspóndense ao Grao Elemental e 17 ao Profesional. As ensinanzas musicais ábrense a un total de 11 especialidades instrumentais ás que os interesados poderán optar si superan as probas de acceso. O prazo de matriculación para participar nelas está aberto ata o venres, 10 de maio.

As 14 prazas dispoñibles para acceder ao 1º curso do Grado Elemental repártense entre as especialidades de piano (3), clarinete (2), frauta (2), guitarra (1), percusión (1), violín (1), saxofón (1), tromba (1), trompeta (1) e violonchelo (1).

No que respecta ás 17 prazas para o primeiro curso do Grao Profesional, as especialidades dispoñibles son piano (3 prazas), clarinete (2), frauta (2), guitarra (2), percusión (2), violín (2), saxofón (1), tromba (1), trompeta (1) e trompa (1).

As probas de acceso, tanto ao grao elemental como ao profesional, celebraranse a partir do 4 de xuño en horario de tarde. As persoas interesadas en participar deben formalizar a matrícula vía online, seguindo os pasos que se sinalan na web do centro, ou ben de forma presencial nas oficinas do Conservatorio. A documentación e información precisa está dispoñible na web do Conservatorio.

Ademais, pode solicitarse información a través do teléfono do centro 986500916 ou do enderezo [email protected]

Campaña de captación de alumnos

Por outra banda, o luns 6 de maio remata o ciclo de concertos realizado por profesorado do Conservatorio en distintos colexios de Vilagarcía co obxectivo de dar a coñecer o ensino musical e a oferta do seu centro, así como para captar educandos. Na campaña titulada De aquí a aquí hai un paso, Dalo?, participaron nestas actividades máis de 1.000 alumnos e alumnas dos primeiros anos da Educación Primaria dos colexios de A Lomba, Anexo A Lomba, Arealonga, A Escardia, O Piñeiriño, Rosalía de Castro, Rubiáns, Vilaxoán, Sagrada Familia e San Francisco.

A través desta iniciativa, os escolares toman contacto directo cos instrumentos que se imparten no Conservatorio, do xeito o máis amenos posible, interactuando con eles e fomentando o interese polos menos coñecidos. Algúns dos alumnos máis avantaxados do Conservatorio participaron tamén nos concertos, compartindo a súa paixón e destrezas musicais cos escolares.