Losada destaca o labor do ascendido comisario Hombreiro en Vilagarcía

As últimas estatísticas da delincuencia demostran que entre os meses de xaneiro e maio produciuse un descenso de case un 20% nos delitos totais en Vilagarcía
Díaz, Losada e Hombreiro durante o acto. DS
photo_camera Díaz, Losada e Hombreiro durante o acto. DS

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, durante a mañá de onte a Luis Hombreiro, inspector xefe da Comisaría de Vilagarcía que vén de acadar o seu ascenso a comisario, e que en setembro deixará o mando para facer o curso. Hombreiro estivo acompañado polo comisario xefe provincial, Juan José Díaz, nunha visita na que o subdelegado destacou o "magnífico traballo" de Hombreiro en Vilagarcía, "onde deixa un legado de profesionalidade, seriedade e compromiso".

O subdelegado subliñou que o ascenso é tamén un recoñecemento merecido a esta traxectoria e expresou o seu desexo de que a provincia de Pontevedra non perda "talento humano" na escala directiva cunha eventual marcha de Hombreiro. O titular da Comisaría será substituído provisionalmente pola inspectora Elena Martín ata a cobertura definitiva da praza.

Por outra banda, quixo facer "unha reflexión en voz alta" de cara á sociedade para que saiba valorar "o substancial avance en Vilagarcía dende que Hombreiro fíxose cargo no ano 2021, onde as últimas estatísticas da delincuencia demostran que entre os meses de xaneiro e maio produciuse un descenso de case un 20% nos delitos totais en Vilagarcía en relación ao mesmo período do ano pasado. Uns resultados "espectaculares" que Losada relacionou co incremento na actividade policial no levantamento de actas por posesión de drogas, armas ou obxectos perigosos.

Tamén, subliñou, incrementouse o número de detencións de persoas reclamadas xudicialmente. “Un intenso labor policial, coordinado por Hombreiro, que se traduce nos números que amosan as estatísticas provisionais deste ano”.