O Pazo de Rubiáns, referente na conservación de árbores senlleiras

▶ O enclave recibiu diferentes achegas por valor de máis de 11.500 euros por parte da Xunta para financiar as tarefas
O delegado territorial, Agustín Reguera, durante a visita. DS
photo_camera O delegado territorial, Agustín Reguera, durante a visita. DS

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acudiu durante a mañá de este martes ao Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía, onde enxalzou o labor de coidado e mantemento de diferentes árbores senlleiras.

Para esta fin, o enclave vén de recibir diferentes axudas por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, por valor de máis de 11.500 euros. Estas permitirán financiar parte dos coidados e tratamentos que precisan estes exemplares, con varios elementos incluídos no catálogo, e que contan con varios séculos de vida. 

O delegado territorial destacou o "traballo impecable que se leva a cabo no Pazo de Rubiáns, tanto no coidado do seu patrimonio como na elaboración e promoción dos seus viños, na conservación e protección dos seus xardíns" e, xunto ao director Guillermo Hermo, percorreu boa parte da extensión que alberga os exemplares catalogados.  Reguera rematou a visita poñendo en valor a "importantísima labor de conservación e coidado que se leva a cabo no Pazo". 

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu na área de Pontevedra máis de 22.000 euros, entre catro entidades para a conservación das especies.