O Salnés demanda "traballo digno" e "liberdade para Palestina"

Durante a xornada púxose de manifesto que "a resposta á carestía da vida, baixo ningún concepto  pode pasar pola contención salarial"
Manifestación en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Manifestación en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Máis medidas contra a precariedade laboral e "traballo digno" foron algunhas das reivindicacións coas que os sindicatos alzaron a voz este 1 de maio en O Salnés, con motivo do Día dos Traballadores.

Manifestación polo 1 de maio en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Manifestación polo 1 de maio en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

En Vilagarcía a CIG denunciou que "a incorporación das mulleres ao traballo remunerado non veu acompañado dun cambio de modelo social en que o coidado á familia e persoas dependentes sexa asumido e xestionado polas institucións públicas" para poder repartir os traballos de coidados da familia  de forma equitativa entre as persoas adultas sen importar o xénero, e que "a resposta á carestía da vida, baixo ningún concepto  pode pasar pola contención salarial, nin  nos acordos  nas mesas de dialogo social,  nin nos  acordos de negociación colectiva, nin pactos de rendas, nin acordos de convenios que impidan as revisións salariais dacordo co incremetos dos prezos o IPC interanual acumulado", tal e como o sindicato expresou durante a lectura do manifesto.

Manifestación polo 1 de maio en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Manifestación polo 1 de maio en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Ademais, durante a xornada tamén se reivindicou a necesaria "liberdade para Palestina" e o detemento "do xenocidio por parte de Israel".