Rematadas as obras de humanización do vial do entorno da Igrexa de Padrenda

O alcalde de Maño, Carlos Viéitez, visitou o lugar dos traballos. DS
Os traballos contan cun orzamento de 113.562 euros

Finalizaron as obras de humanización do vial do entorno da Igrexa de Padrenda, en Meaño, que permite de novo a apertura do tráfico de vehículos e peóns.

No tramo do vial desde a EP-9305 ata a zona próxima á igrexa creouse unha plataforma única, empregándose un pavimento en formigón desactivado combinado con amplas zonas de adoquín de pedra granítica no inicio e final do vial, así como diferentes franxas de adoquín ao longo do camiño para conseguir unha redución da velocidade de circulación dos vehículos.

O soterramento de novas canalización, sobre todo a canalización das augas pluviales, permitiu ganar ancho a ambas marxes do vial.

As obras teñen un orzamento de 113.562 euros, financiados polo Concello de Meaño.