O Concello de Ribadumia executa melloras no camiño de acceso ao lugar de Outeiro

Traballos de mellora no camiño de acceso ao lugar de Outeiro. DS
Cun orzamento de 50.000 euros, os traballos dotarán dunha correcta funcionalidade a estrada que será ensanchada

O Concello de Ribadumia executou, ao abeiro do Plan Concellos 2022 da Deputación De Pontevedra, a mellora do camiño de acceso ao lugar de Outeiro, cun orzamento de preto de 50.000 euros.

 
Os traballos pretenden dar unha adecuada funcionalidade a un camiño de titularidade municipal, o cal se ve afectado por continuos encharcamentos sobre o firme e polo seu escaso ancho que dificulta o paso a vehículos e persoas.

A solución adoptada foi realizar muros de contención en pedra para ampliar o firme asfaltado ata a liña de peche das leiras, tamén pavimetar a zona por onde discorre a nova rede de pluviais, aplicando unha pendente, de tal forma que se dirixan as augas de chuvia cara á rede soterrada de recollida de pluviais de nova creación.