Ribadumia executa o proxecto de mellora do Arquivo Municipal

Fachada principal de la Casa Consistorial de Ribadumia Concello. EP
O contrato ten un valor estimo de 7.611,57 euros, o que fai un total de 9.210 euros con cargo á Consellería de Cultura e polo propio Concello

O Concello de Ribadumia recibiu unha subvención que ten como obxectivo a prestación de servizos de "Arquivo de documentación no Concello de Ribadumia". Dende o Concello declaran que solicitaron esta subvención para cubrir unha necesidade baseada en continuar, durante este ano, as tarefas executadas xa nunha primeira fase no ano 2023, de mellora da eficiencia do Arquivo Municipal e a optimización dos despachoes e espazos na Casa Consistorial, que actualmente conteñen documentación antiga. 

Ribadumia vén de adxudicar o contrato cuxo valor estimado ascende á cantidade de 7.611,57 euros (IVE excluído), o que fai un total de 9.210,00 euros e estará financiado en 6.000 euros con cargo á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e en 3.210,00 euros polo Concello de Ribadumia.

O obxecto do contrato consiste, por unha banda en continuar coa descrición dos fondos documentais do Concello de Ribadumia que aínda se atopan sen describir na base de datos que o persoal usa neste momento ATOM, tal e como se veu facendo de xeito histórico e, por outra, na recollida de documentación das diferentes oficinas do Concello co fin de alixeirar tanto as dependencias municipais como a operativa diaria dos traballadores, e ser así mais eficaces de cara á cidadanía.