A Xunta participa no encontro de familias de persoas xordas
Sanxenxo acolleu este sábado o X Encontro de Familias con Membros Xordos organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e a Asocaición Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ou con Discapacidade Auditiva (Anpaxoga). Neste acto o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou o traballo conxunto dende a Xunta de Galicia, coas familias e as entidades nos avances dos últimos anos na mellora da calidade de vida e na integración das persoas xordas.
Co obxectivo de conseguir unha sociedade más accesible e inclusiva, Jacobo Rey garantiu que o Executivo autonómico seguirá apoiando a estas familias. De aí que se manteñan dende hai anos colaboracións con FAXPG, coma o programa dirixido á mellora da audición e fala de nenas e nenos con discapacidades auditiva a través de técnicas de logopedia.
Durante a xornada, que se celebrou no parque Aventura Dakart de Sanxenxo, as familias desfrutaron de varios xogos de multiaventira para os máis pequenos, xantar e actividades de praia.