A Carreira Solidaria por Ucraína afectará a varias rúas do centro de Vilagarcía

A Policia Local informou das rúas que se verán afectadas pola carreira solidaria. DS
O circuito comprendido entre a rotonda do Ramal e a de Pablo Picasso pecharase ao tráfico a partir das 19.45 horas

A Policía Local informa das rúas que se verán afectadas este sábado con motivo da celebración da Andaina e Carreira Solidaria por Ucraína, organizada pola asociación Arousa Moza e AGA en colaboración coa Fundación Municipal de Deportes. As rúas do circuíto comprendido entre a rotonda do ramal e a de Pablo Picasso pecharanse ao tráfico a partir das 19.30 horas para o paso da proba absoluta, posto que a andaina non afectará ao tráfico rodado.

Os cortes faranse en dúas fases. A partir das 19.45 pecharanse unicamente as rúas polas que pasarán as carreiras das categorías inferiores, cuxo inicio está previsto para as 20.00 horas dende a explanada do Auditorio. Son Avda. Mariña (tramo do Auditorio e parque Miguel Hernández), Rivero de Aguilar e Elpidio Villaverde.

A partir das 21.15 pecharase todo o circuíto polo que se discorre a proba absoluta e que comprende a Avenida da Marina (dende o Cavadelo ao Ramal), Rivero de Aguilar, acceso a Porto de Pasaxeiros, Elpidio Villaverde, Glorieta do Cavadelo e Valle Inclán (ata a rotonda de Pablo Picasso).