EU solicita a Ravella que garanta as 55 prazas de aparcamento público de Villa Güimil

La Villa Güimil. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Juan Fajardo, voceiro municipal, requira ao Goberno local que poña unha data para a utilización das 55 prazas públicas que deberá dispor o aparcamento situado fronte ao parque da Concha

No 2006 o goberno socialista de Gago, sacaba adiante o convenio urbanístico de Villa Güimil. Este contemplaba como única cesión a cambio dunha edificación do 1,5%, a cesión ao concello de 55 prazas de aparcamento para utilización pública no aparcamento soterrado da parcela. Ante a inminencia do remate da obra, "con máis de 15 anos de atraso, é preciso coñecer a data en que se poderá disfrutar destas prazas, ante a evidente necesidade de aparcamento que ten Vilagarcía", sinalan dende o grupo municipal Esquerda Unida.

Dende a formación aseguran que a empresa beneficiaria do convenio urbanístico "incumpriu claramente os prazos de execución, polo que o goberno local debería esixir algunha contraprestación por este incumprimento, que podería e debería ter significado a revogación do convenio, feito que non se produciu polo que a empresa debería compensar ao concello". Solicitan ao goberno local que estableza negociacións coa empresa co obxectivo de acadar a cesión da titularidade da propia Villa Güimil co obxectivo de recuperar este espazo para o desfrute de toda a veciñanza.

O obxectivo, explican, e recuperar do actual estado de abandono no que se atopa, un edificio que forma parte do catálogo de edificios a conservar. A singularidade deste edificio ben dada polo seu estilo arquitectónico ecléctico, con trazas neobarrocasa que o converte en único na nosa Vila e na contorna, exemplo da arquitectura indiana, reflexo dos tempos de prosperidade do barrio.

"A súa recuperación para o patrimonio público, permitiría recupera parte da nosa historia e dotar á contorna dun edificio de uso público tan necesario para albergar todo tipo de actividades no sur do municipio, tan esquecido no investimento deste goberno local", sentencian.