Humor e o flamenco fusión de Antonio Carmona na xornada do martes en Vilagarcía

Antonio Carmona. DS
O máxico food truck de Culturactiva recala nos Xardíns de Ravella a mediodía cun menú a base maxia, humor e música

Vilagarcía segue inmersa nun vórtice de diversión e alegría coas festas patronais de San Roque, cuxo programa para o martes 20 de agosto ven cargado de risas, maxia e acrobacias a través dos catro espectáculos que o Festaclown ofrecerá en sesións de mañá e tarde polas rúas e prazas da cidade.

O grupo de teatro da asociación Con Eles fará a súa primeira intervención deste ano en colaboración coa compañía colombiana Tchyminigagua, e Culturactiva desembarcará en Ravella con 'Máis Saaabor!', unha curiosa food truck para os Superrroquiños.

Teatro acrobático e un espectáculo de pompas de xabón completan a axenda do festival circense para unha xornada na que a música correrá a cargo do flamenco de fusión do ex cantante de Ketama, Antonio Carmona, protagonista da velada na Xunqueira (22:30 horas).