'Os Martes, Arte' inician un novo curso

Auditorio de Vilagarcía. DAVID FREIRE
A cargo do profesor Augusto Guedes, Vilagarcía poderá afondando no arte románico e no arte das cultura indú a partir deste martes

Vilagarcía retoma este recén comezado outono un dos programas lúdico-didácticos que xa son habituais na axenda cultural do ano. Trátase de Os Martes, Arte, os encontros sobre creación artística impartidos polo profesor Augusto Guedes que este martes, 24 de setembro, estrean unha nova edición. Como sempre, as sesións serán todos os martes no Auditorio ás 19.30 horas e están abertas a todo tipo de público sen límite de idade, a asistencia é de balde e non é preciso inscrición previa. A Concellería de Cultura colabora con esta iniciativa.

Seguindo a metodoloxía de edicións anteriores, no curso deste ano abordaranse alternativamente dúas temáticas. Por un lado, continuarase afondado no arte románico, e por outro, farase unha primeira incursión no arte da cultura indú. O profesor Guedes dirixe as sesións nas que, de xeito interactivo e dinámico, explica aos asistentes o contexto histórico e social da obra a estudio, as súas características, as circunstancias do autor, técnicas utilizadas e outros aspectos precisos para entender o que pretendeu expresar o creador ou o significado da obra.