A portonovesa Rúa dos Viños vibra por San Xoán

▶ A asociación da hostelería da zona pecha tamén o cartel do seu ciclo de concertos 'Música na Rúa' que terá lugar durante todo o verán
Público durante unha actuación na Rúa dos Viños. DS/CEDIDA
photo_camera Público durante unha actuación na Rúa dos Viños. DS/CEDIDA

A Rúa dos Viños de Portonovo volve encherse de actividade de cara ao verán, e abrirá boca esta fin de semana coa celebración da noite máis máxica do ano. Así, o vindeiro día 23 a xornada comezará ás 19.30 horas co rito das Herbas de San Xoán, actividades coas que colabora a Asociación Andarela, e que darán paso á actuación de Saúl & Cía na Praza de Méndez Núñez (20.00 horas).

Xa en sesión nocturna, ás 22.00 horas, será a quenda de Iván Rodríguez na Plazoleta de Compostela, e a medianoite haberá queimada e conxuro na zona tres da rúa. Ademáis, durante toda a xornada os establecementos de hostelería disporán de asado en distintos puntos.

PROGRAma DO VERÁN. Música na Rúa regresa este ano máis forte, cunha extensa programación que reunirá decenas de bandas e artistas en solitario con actuacións en directo nas diferentes zonas da Rúa dos Viños en sesións nocturnas e vermú.

Esta mesma fin de semana o verán quecerá motores coa actuación de Lorre, que terá lugar o venres 21 ás 30.30 horas na zona tres. Ao longo dos vindeiros meses, sucederanse as actuacións de Desconcerto, Raúl & cía, Iván Rodríguez, Dúo A.M. , Corvo & the corvettes, Terapia de grupo, Bela y Charlo, Dani Barreiro, Drifters, Nando Llon, Loren Tevra, Ángel Sevilla, Funkuba, La Mosca Valiente Pequeña Gran Cía, Algo pasa con Mery. Adrián Torres, Supermirafiori (versións pop), Pablo Balseiro, B.N. Rumba, Chroma Mad Martin e moitos outros grupos que variarán entre o rock, o pop ou a rumba.

Os horarios pódense consultar nas plataformas da asociación, se ben as actuacións distribuiranse durante os meses de xullo, agosto e setembro en diferentes días da semana e das fins de semana (luns, martes, mércores, xoves ou domingos) entres as zonas un e cinco da propia rúa.