O Plan +Provincia achega 88.841 euros para a mellora de accesibilidade na Illa
28 de junio de 2024 (13:07 h.)
A rúa Cruceiro e Sor Aurora Estévez serán os os puntos nos que se actúe co investimento da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,4 millóns de euros para que seis concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia.
Un deses municipios é A Illa de Arousa, que recibirá unha achega de 88.841 euros para que o municipio realice obras de mellora de accesibilidade nas rúas Cruceiro e Sor Aurora Estévez