A choiva obriga a desprazar a Festa dos Maios á Praza da Peixería

O programa mantense sen variacións e coa participación de 37 composicións de 22 autores
A Festa dos Maios fixo as delicias de nenos e maiores en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera A Festa dos Maios fixo as delicias de nenos e maiores en Vilagarcía no 2023. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As adversas previsións meteorolóxicas para o vindeiro mércores, día 1, levaron a Concellería de Cultura a trasladar a Festa dos Maios á praza de Peixería, en lugar do parque de Miguel Hernández, onde estaba anunciada inicialmente.

Malia este cambio, todo o programa mantense, con exhibición dos traballos dende as 11.30 da mañá ata as 20.30 horas da tarde. En total, son 37 as creacións que participan no concurso, entre maios cónicos e artísticos, caixas, cruces e barcos; obras que corresponden a 22 autores, entre elas varias asociacións de pais e nais, centros educativos, varias persoas a título individual e a residencia de terceira idade Divina Pastora. Todos os participantes recibirán entre 30 e 150 euros en función do número de integrantes do grupo e de si engaden copla ou non.