Comeza a substitución do céspede artificial do campo municipal de Berdón

El nuevo césped del campo de fútbol Manuel Jiménez en Vilagarcía. DS
A actuación será executada pola firma Mondo, a mesma que realizou unha obra similar hai uns meses no Manuel Jiménez
 

A empresa Mondo comezou o pasado 27 de agosto a obra de substitución da herba artificial do campo municipal de Berdón. Como xa estaba previsto, tras ter recibido os materiais necesarios, os traballos inícianse na segunda quincena de agosto co obxectivo de telos rematados a finais do mes de setembro, ou incluso antes si as condicións o permiten. O Concello de Vilagarcía inviste 163.063 euros en levar a cabo unha mellora que, ademais de necesaria, o tepe actual sumaba xa 14 anos de desgaste e uso intensivo, era demandada polos clubs usuarios das instalacións deportivas.


Os traballos comezan co levantamento e retirada do tapizado existente, que se substituirá por outro de última xeración. A intervención afectará a todo o terreo de xogo (que suma unha superficie de 102 metros de largo e 64 metros de ancho). O proxecto inclúe o acondicionamento da explanada, un paso moi importante para garantir que o terreo de xogo quede en perfectas condicións. Para isto comprobaranse as pendentes e, de ser necesario, nivelaranse as zonas que presenten irregularidades ou depresións. Tamén se revisará a rede de sumidoiros e se limparán e reporán as canalizacións. A explanada na que se asenta a infraestrutura deportiva adecuarase de xeito que teña resistencia suficiente para soportar sen deformarse o paso da maquinaria de obra e do man temento do terreo de xogo.

A actuación completarase co estendido no novo céspede artificial, a recolocación dos equipamentos e o marcado do terreo de xogo con liñas de diferente cor para sinalizar o campo para a práctica de fútbol 11 e dúas canchas para fútbol 7. Mondo dispón de 6 semanas de prazo para rematar as obras, aínda que a empresa comprometeuse a axilizar ao máximo os traballos para tratar de acurtar o proceso, como xa fixo no Manuel Jiménez, onde acabou dúas semanas antes do previsto aproveitando as boas condicións meteorolóxicas. A execución da obra non impedirá a actividade dos clubs usuarios de Berdón, xa que a Fundación de Deportes ofreceulles instalacións alternativas para os adestramentos da pretemporada.