O Servicio de Emerxencias de Vilagarcía contivo unha vertedura oleaxinosa no río Con

A substancia procedía do afluente que discorre polo lateral de Fexdega e eliminouse utilizando barreiras e mantas absorbentes
Río Con, Vilagarcía. DS
photo_camera Río Con, Vilagarcía. DS
O Servizo Municipal de Emerxencias de Vilagarcía desenvolveu o pasado 26 de agosto unha actuación para deter e retirar do río Con unha vertedura oleaxinosa detectada sobre ás once da noite. Mediante a colocación de barreiras flotantes de contención impediuse o avance da mancha que, procedente do afluente que discorre en paralelo a Fexdega, flotaba sobre unha parte da lámina de auga. Coa utilización de mantas absorbentes logrouse eliminar a substancia practicamente na súa totalidade. Pasadas as doce e media da madrugada xa se tiña combatido a vertedura de pequenas dimensións e que, ao atopar se a marea baixa, apenas se desprazaba.  Unha chamada á Policía Local avisou do suceso, trasladándose de inmediato a alerta ao Servizo de Emerxencias que, aos poucos minutos, se atopaba na zona realizando as labores de contención e limpeza do leito. Unha vez rematadas, o persoal do servizo xunto con axentes da Policia trataron de pescudar a orixe da vertedura que baixaba polo río Lomba. Como a pista se perdía no inicio do tramo soterrado, foron levantándose as arquetas curso arriba, sen detectarse a presenza da substancia, polo que descoñécese a súa procedencia.