Ravella aduxdica as obras de abastecemento no Camiño da Regueiro

Fachada do Concello de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA.
As obras teñen un presuposto de 74.896 euros financiados co Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

Os veciños do último tramo do Camiño da Regueira poderán ter acceso aos servizos básicos municipais en moi curto prazo de tempo grazas á nova actuación que vén de poñer en marcha o Concello de Vilagarcía coa adxudicación do proxecto de Ampliación das redes de abastecemento e de saneamento na carreira situada en Fontecarmoa. O contrato será executado pola empresa Covsa por importe de 74.896 euros e financiarase a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución é de dous meses.

O proxecto ten como obxectivo estender as infraestruturas dos servizos básicos ás vivendas máis afastadas e de nova construción. Os traballos consistirán na instalación dun colector principal da rede de saneamento e os seus correspondentes ramais, pozos e arquetas para acometidas. Instalarase a rede de abastecemento de auga potable e as arquetas de acometida nos límites das propiedades. A actuación completarase coa pavimentación dos 220 metros de lonxitude do tramo do camiño afectado polas obras.