Cultura oferta 56 prazas para que mozos e mozas participen nas carrozas de San Roque

A inscrición, para nenos e nenas de 5 a 15 anos, é de balde e pode realizarse dende este luns e ata o 7 de agosto
As Festas de San Roque volverán movilizar a varios miles de persoas en Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera As Festas de San Roque do ano pasado. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Concellería de Cultura de Vilagarcía abriu este luns o período de inscrición para participar no desfile de Carrozas co que tradicionalmente se pechan as festas de San Roque. O Concello dispón de 56 prazas, a repartir nos 4 vehículos municipais, que poderán ser cubertas por nenos e nenas de idade comprendida entre os 5 e os 15 anos. O único requisito para participar a bordo das carrozas é que a rapazada vaia vestida acorde coa temática de cada unha delas.

Os interesados deben presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica do Concello ou no Rexistro Xeral, nesta caso, de luns a venres de 8.30 a 13.45 horas. O prazo remata o 7 de agosto. O formulario para anotarse pode obterse da sede electrónica ou do taboleiro de anuncio da páxina web. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición, igual que a asignación a cada carroza. A lista cos nenos e nenas admitidos publicarase a partir do 14 de agosto na sede electrónica, na web municipal e no taboleiro da Concellería de Cultura.

O desfile de Carrozas, tamén denominado Batalla de Flores, celebrarase este ano o domingo, 25 de agosto a partir das 21.30 horas.