A Deputación concede 13.000 euros para equipar o ximnasio municipal da Illa

A axuda permitirá ampliar o material deportivo así como a sustitución do chan
Exterior do edificio de Usos Náuticos no que está situado o ximnasio municipal. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Exterior do edificio de Usos Náuticos no que está situado o ximnasio municipal. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Deputación de Pontevedra aprobou unha nova axuda de 13.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 4 millóns de euros, para o Concello da Illa de Arousa. O Goberno local pretende dedicar a totalidade deste investimento a adquirir mobiliario deportivo para equipar o ximnasio municipal, situado no Edificio de Usos Náutico-Deportivo, no Bao.

Desta maneira, o Concello da Illa de Arousa dedicará esta achega de 13.049 euros a esta infraestrutura deportiva na que se exercitan tanto os deportistas dos clubs municipais como os veciños do concello. Así, adquiriranse aparellos como unha cinta de correr, un rack (gaiola de ximnasio) e os seus accesorios, unha maquina de fondos e dominadas asistidas, unha prensa inclinada ou jaca, un hip thrust (para exercicios de glúteos) e unha última de abdutor e adutor. Ademais, instalarase un solo en azulexo en caucho negro.