Axudas para mulleres en situación de especial vulnerabilidade no Grove

A Xunta destinou este ano preto de 520.000 euros a ACCEM para incrementar de oito a dez as prazas do centro grovense
Fabiola García visita a casa de acollida de ACCEM no Grove. DS
photo_camera Fabiola García visita a casa de acollida de ACCEM no Grove. DS

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou a casa de acollida de ACCEM no Grove, destinada á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade. O Goberno galego destinou este ano preto de 520.000 euros a esta entidade a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF, o que permitiu que incrementasen as prazas deste centro de oito a dez.

Fabiola García agradeceu a ACCEM o seu importante labor atendendo, asesorando e procurando un futuro mellor para todas estas mulleres. Estes centros ofrecen un aloxamento temporal a mulleres en risco de exclusión ou que foran vítimas de violencia de xénero, así como atención psicolóxica, xurídica ou laboral.

No pasado ano 2023, atenderon a preto de 130 unidades familiares mediante o servizo de atención extrema e o de acollida.