A area sanitaria de Pontevedra e O Salnés e Anedia celebran unha 'scape room' pola diabetes

As rúas e praias de Portonovo albergaron esta actividade lúdica planificada por profesionais do servizo de Endocriniloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e do centro de Atención Primaria de Baltar
Nenos e xóvenes no Scape Room Urban. DS
photo_camera Nenos e xóvenes no Scape Room Urban. DS

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, en colaboración coa Asociación de Nenos con Diabetes de Galicia -ANEDIA- e o Concello de Sanxenxo, celebraron o 26 de agosto, polas rúas e praias de Portonovo unha Scape Room Urban sobre a diabetes. Unha actividade lúdica e didáctica planificada e coordinada por profesionais tanto do servizo de Endocrinoloxia do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés coma do centro de saúde de Baltar e a Dirección da Área Sanitaria.

Nesta actividade participaron participaron 46 nenos dentre 12 e 17 anos, xunto con 4 monitores e 12 voluntarios procedentes do Campamento ANEDIA para nenos e nenas con diabetes, unha actividade estival que se desenvolve na Illa de Ons do 21 ao 28 de agosto nas instalacións da Xunta de Galicia.

Nenos e xóvenes no Scape Room Urban. DS
Nenos e xóvenes no Scape Room Urban. DS

Este colectivo infantil e xuvenil desembarcou  no porto de Baltar, onde foi recibido polo xerente da Área Sanitaria, José Flores, a directora de Atención Primaria da área de saúde, Itziar Melendo, a concelleira de Educación e Cultura do Concello de Sanxenxo, Paz Lago, profesionais asistenciais e membros de ANEDIA.

Posteriormente, nenos e xóvenes, monitores e voluntariado comezaron esta actividade grupal na busca de diferentes pistas, a través dun roteiro urbán que lles levou polo porto e a lonxa de Baltar, así coma pola praia de Caneliñas, a praza de abastos, a praia de Baltar e o centro de Atención Primaria, lugar onde rematou esta Scape Room Urban sobre diabetes cunha entrega de premios.

Nenos e xóvenes no Scape Room Urban. DS
Nenos e xóvenes no Scape Room Urban. DS

Segundo sinalaron os organizadores, este tipo de actividades lúdicas e didácticas reforzan as estratexias e programas de atención específica á diabetes en idades infantís e xuvenís, en coordinación con nutricionistas e endocrinos do Servizo Galego de Saúde, así coma de profesionais de Enfermaría do centro de saúde sanxenxino.