A IX Xornada Fundación Manolo Paz homenaxea a David Barro

Nesta edición, contouse coa visita dos conselleiros Román Rodríguez e López Campos, quen destacou a traxectoria de 25 anos do ferrolá
O homeaxeado, David Barro, no centro da imaxe. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera O homeaxeado, David Barro, no centro da imaxe. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A celebración da IX Xornada da Fundación Manolo Paz celebrouse este venres e contou coa participación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez. Esta é unha cita impulsada polo propio escultor cambadés a prol da cultura e da arte galega que se celebra cada ano en recoñecemento ao legado de creadores e profesionais da cultura. 

No acto, o representante de Cultura da Xunta de Galicia destacou o traballo feito pola Fundación Manolo Paz en beneficio da cultura e celebrou a decisión de homenaxear nesta edición ao ferrolá David Barro. Neste senso, López Campos referiuse ao galardoada, con máis de 25 anos de traxectoria, como "un gran embaxaidor da nosa cultura" desde o seu labor como comisario e director do museo de arte contemporáneo Es Baluard de Palma de Mallorca. 

Espectadores na IX Xornada da Fundación Manolo Paz. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Espectadores na IX Xornada da Fundación Manolo Paz. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Nestas xornadas impulsadas desde o espazo creativo e expositivo de Manolo Paz no lugar de Quintáns, tamén se celebran outras actividades que aglutinan coñecemento, arte e natureza como é o caso da mostra Mariscadoras que se completa con pezas do propio escultor e que se pode visitar no espazo exterior da Fundación.