A Deputación inviste 31.000 euros na mellora do alumeado no Salvador Otero

O campo de fútbol sustituirá os proxectores actuais por 24 novos con tecnoloxía LED
Último partido de liga disputado en el Salvador Otero entre Céltiga y Ribadumia. GONZALO GARCÍA
photo_camera Último partido de liga disputado en el Salvador Otero entre Céltiga y Ribadumia. GONZALO GARCÍA

A Deputación de Pontevedra aprobou unha axuda ao Concello da Illa de Arousa, por valor de máis de 31.000 euros, coa que poderá facer fronte á mellora do alumeado do campo de fútbol Salvador Otero, situado no lugar de Testos. Estes recursos pertencen ao Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación, dotado de 4 millóns de euros para os 59 concellos da provincia cun número de habitantes inferior a 50.000.

Con esta nova inxección, o Concello da Illa de Arousa recibirá 31.344,32 euros para impulsar nesta instalación deportiva novas medidas de medio ambiente e sostibilidade, tendo en conta ademais que este campo é onde teñen lugar os partidos da categoría preferente galega grupo sur e que é ademais a base do Céltiga Futbol Club dende fai máis de catro décadas. A achega da Deputación permitirá sufragar a substitución dos proxectores actuais por 24 novos exemplares con tecnoloxía LED.