Meaño inicia as obras de pavimentación do vial que une Penaguda e Morouzos

A actuación realízase nun tramo de 200 metros e construirase un muro de contención en pedra e o retranqueo de viñedos
O alcalde, Carlos Vieítez, na zona da actuación. DS
photo_camera O alcalde, Carlos Vieítez, na zona da actuación. DS

O Concello de Meaño iniciou, esta semana, as obras de ampliación, mellora e pavimentación do vial que une a zona de Penaguda coa zona de Morouzos. 

A actuación realízase nun tramo de 200 metros. No sur do vial constrúese un potente muro de contención en pedra e, tamén, realizarase o retranqueo de viñedos. 

Así, a ampliación deste vial permite mellorar "considerablemente", segundo o Concello, o acceso de vehículos á bodega de viño Attis, así como ao núcleo de poboación da zona de Morouzos. 

Esta actuación forma parte da continuidade do Plan de pavimentación que contempla e esta a realizar o goberno local para os diferentes lugares do Concello de Meaño. 
A obra está financiada a través do Plan Concellos que ofrece a Deputación de Pontevedra.