O PSdeG de Meaño doa 450 quilos de alimentos non perecedoiros

Con motivo da Carreira Popular de Meaño, o partido socialista recadou, entre militantes e simpatizantes, produtos de hixiene persoal e todo tipo de alimentos non perecedoiros
Os alimentos recollidos polo partido político. DS
photo_camera Os alimentos recollidos polo partido político. DS

O Concello de Meaño celebrou o este domingo a xa recoñecida Carreira Popular de Meaño, onde o pobo se inunda de un bo ambiente deportivo. 

Esta carreira, gratuíta, ten unha importante finalidade solidaria, convidando aos participantes a que doen un quilo de alimentos, non perecedoiros, cando recollan o dorsal o día da carreira, a favor do Programa de Emerxencia do Concello. 

Así, a Agrupación Socialista de Meaño, liderada por Pablo Portas, entre militantes e simpatizantes, logrou recadar 450 quilos de alimentos, compostos por produtos de hixiene persoal e todo tipo de alimentos non perecedoiros, "tendo en conta as características nutricionais para unha mellor alimentación das familiar usuarias dos Servizos Sociais de Meaño", declaran dende o partido político. "Un ano máis, o PsdeG de Meaño, amosa o seu compromiso solidario coa veciñanza", engaden.