O BNG de Sanxenxo denuncia a falta de estacionamento no Concello

O grupo político acusa directamente ao alcalde e destaca que a 'lanzadera' non é a solución
O voceiro do BNG, Fran Leiro.
photo_camera O voceiro do BNG, Fran Leiro.

A finais do mes de xuño os estacionamentos que se atopan nos centros urbáns da localidade de Sanxenxo xa estaban colapsados. Deste xeito, o BNG de Sanxenxo denuncia esta situación e responsabiliza directamente ao acalde, Telmo Martín, que, segundo o partido político "só centra os seus esforzos en subir impostos e encher de formigón a contorna de Silgar, sen achegar solucións reais ao déficit de espazos para aparcar que existen en Sanxenxo". 

O voceiro do BNG, Fran Leiro, amosou a súa preocupación por esta situación, xa que tanto a veciñanza como os turistas non atopan onde aparcar. "Estamos comenzando a tempada estival e xe o venres, sábado e domingo atopamos moitos residentes que non tiñan onde deixar o seu vehículo". Así, recorda tamén que son moitas as persoas que necesitan o seu coche particular para desprazarse a traballar e, tamén, son moitos os que "veñen de traballar doutros lugares e teñen que estar dando voltas cos seus vehículos pola zona ata atopar un oco". 

Dende o BNG declaran que a 'lanzadera' de transporte non é a solución xa que "na pasada fin de semana o aparcadoiro disuasorio habilitado en Nantes para os usuarios e usuarias deste autobús, ficou baleiro durante practicamente todos os días". 

Antes estes feitos, o Bloque insta a Telmo Martín a que busque solucións, "se esta situación xa é preocupante a finais de xuño, non queremos nin imaxinar o colapso que vai experimentar Sanxenxo en agosto".