O festival do Folk no Alobre celebrarase o vindeiro domingo 29 de setembro

Roteiro guiado, rito das penas, obradoiros de baile e concertos compoñen os ingredientes desta divertida celebración popular
Actuación nunha edición do Folk no Alobre. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Actuación nunha edición do Folk no Alobre. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Tras ter que aprazalo pola ameaza de choiva o pasado día 1, o festival do Folk no Alobre quenta motores para despedir a temporada de verán o próximo domingo, 29 de setembro, facendo soar a gaita durante todo o día no Parque Enrique Valdés Bermejo. A romaxe urbana regresa co obxectivo de poñer en valor a paisaxe e o patrimonio histórico e natural de Vilagarcía, nun formato no que o folclore e a música tradicional galega son os protagonistas absolutos.

Roteiro guiado, rito das penas, obradoiros de baile e concertos (cuxo inicio se adianta ás cinco da tarde) compoñen os ingredientes desta divertida celebración popular.

O Folk no Alobre é unha actividade organizada polo Concello de Vilagarcía en colaboración co colectivo Pés de Barro. Trátase dunha festa para vivir en familia e ao aire libre, ao modo das tradicionais romarías, e na que todas as actividades son de balde. O Concello disporá mesas e cadeiras para que a xente poida almorzar comodamente no parque. As persoas que non leven a comida da casa poderán adquirir algunhas viandas nos postos habilitados pola organización.