O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, presidiu este mércores a entrega de premios Innovagal que distinguen as boas iniciativas no ámbito da innovación Educativa.
O titular do departamento educativo galego puxo en valor a importancia do galardón no fomento da creatividade como unha poderosa ferramenta para afrontar os retos futuros. Os premios teñen como obxectivo mellorar e perfeccionar o progreso do alumnado galego.
No acto, entregáronse os galardóns nas dúas categorías de participación: premios para os centros que imparten Educación Infantil e para os de Secundaria e de adultos.
Na primeira modalidade, o CEIP de Viñagrande-Deiro, en Vilanova de Arousa, obtivo o segundo premio, resultando gañador da categoría o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes, e terceiro posto para o Colexio CEIP Plurilingüe nº1 (Tui).A mención de honra foi para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo).