Alberto Varela recibe ás flamantes campioas da Copa de Galicia de Padel

As integrantes do equipo Arousa Pádel Feminino amosaron ao rexedor o trofeo que lles permitirá desputar a fase Nacional
Alberto Varela y Álvaro Carou recibieron a las integrantes del Arousa Padel Femenino. DS
photo_camera Alberto Varela y Álvaro Carou recibieron a las integrantes del Arousa Padel Femenino. DS

O Salón Nobre do Concello de Vilagarcía foi escenario o mediodía deste mércores, do recibimento que o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro, Álvaro Carou, prestaron ás flamantes campioas da Copa de Galicia de Pádel, as integrantes do equipo do club local Arousa Pádel.

As xogadoras, que en novembro participarán no campionato de España que se celebrará en Barcelona, amosaron ao rexedor o trofeo que gañaron no enfrontamento entre equipos das Rías Baixas e das Rías Altas no que se proclamaron vencedoras, e comentáronlle a ilusión e as expectativas que manexan de cara á cita de outono no torneo de ámbito estatal.

Integrado por mulleres de diferentes franxas de idade, as xogadoras do Arousa Pádel márcanse como obxectivo facer medrar ao club integrando a máis deportistas, para o cal fan un chamamento ás rapazas e mulleres que desexen probar nesta modalidade deportiva a acudir a probar ao club vilagarcián.

Varela felicitou ao equipo polo recente éxito e a evolución amosada, que as levou este ano a ascender de categoría, e desexoulles continuar progresando e moita sorte para o Campionato de España sobre o que, dixo, "estaremos moi atentos e esperando que regresedes de novo aquí para amosarnos ese outro trofeo".