A Xunta Financia con máis de 260.00 euros aos programas de conciliación familiar do Salnés

A consellería de Política Social e Igualdade inviste un total de 1,2 millóns nos programas de conciliación dos concellos da provincia de Pontevedra

Visita do delegado territorial. DS
photo_camera Visita do delegado territorial. DS

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o 29 de agosto o programa de conciliación do concello de Meis, financiado coas subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade. Trátase dunha aposta da consellería de Política Social e Igualdade que pretende crear un espazo de xogo, diversión e aprendizaxe para os nenos e nenas galegas, á vez que fomenta a conciliación familiar.

Neste sentido, a consellería inviste preto de 1,2 millóns de euros nos programas de conciliación da provincia, dos cales máis de 260.000 corresponden aos concellos da comarca do Salnés. Entre os concellos beneficiados por estas axudas atópase, ademais do visitado esta mañá polo delegado, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo.

En total, son 25 os concellos da provincia de Pontevedra que ofrecen este servizo grazas ao apoio da consellería de Política Social e Igualdade. O delegado territorial aproveitou a ocasión para lembrar que “máis alá da importante función de conciliación que teñen este tipo de espazos, os verdadeiros protagonistas non poden de deixar de ser os nenos e nenas que merecen pasar un verán de diversión e actividades cos seus amigos”. Neste senso, Reguera destacou o “bo ambiente que se vive no Meis Concilia” e o “extraordinario traballo dos monitores e monitoras”.