O Concello de Ribadumia recibe a visita de centos de peregrinos cada día

Grazas a ruta do Padre Sarmiento e a Variante espiritual, cédense varias instalacións a disposición dos peregrinos
Oficina de Turismo de Ribadumia. DS
photo_camera Oficina de Turismo de Ribadumia. DS
O Concello de Ribadumia recibe cada día a visita de centos de peregrinos grazas a ruta do Padre Sarmiento e a Variante Espiritual. O número de camiñantes é tan elevado que é preciso dispor de espazos de pernocta, é por iso que o Concello de Ribadumia cede as súas instalacións aos viaxeiros que o soliciten. 

A variante do Camiño Portugués que recorre a comarca do Salnés foi creada polo Padre Sarmiento, quen bautiza o seu nome. Esta ruta segue a costa entre as rías de Pontevedra e Arousa. A Variante espiritual na segunda etapa comeza coa Ruta da Pedra e da Auga, e continúa dirección norte pasando por Ribadumia e Pontearnelas.

Entre os peregrinos, a localidade xa deu acollida a un grupo de 29 viaxeiros de Esplai (Barcelona), outro grupo de 100 persoas de Ávila e espera recibir en breve outros procedentes de Portugal e León. Que Ribadumia sexa o lugar elexido para poñer en valor o atractivo turístico que ofrecemos en pleno corazón do salnés e grazas á difusión que se fai en diversos medios de comunicación nos que se realzan as nosas paisaxes, a nosa gastronomía ou as nosas instalacións.

Dende o goberno local queren trasladarlle ao mundo que Ribadumia é un concello acolledor e que dispón de instalacións e espazos naturais de ocio e lecer coas que pode aportar un gran de area a quenes desexen facer o camiño de Santiago pola nosa comarca e, ademáis animaos a facer estas fermosas rutas.