O Concello de Ribadumia convoca bolsas para a adquisición de material escolar

O prazo de solicitude remata o 5 de agosto e o Concello anima a todas as familias que cumpran os requisitos a pedir a bolsa
Fachada del Concello de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fachada del Concello de Ribadumia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Co propósito de axudar con gastos ás familias, o Concello de Ribadumia convoca un ano máis bolsas para a adquisición de material escolar, xa que estos poden ser unha carga económica importante e así se garante o acceso ós recursos necesarios para o desenvolvemento educativo dos estudantes. 

Estas bolsas poden ser solicitadas para o alumnado de do segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria. Ademais, entre os requisitos atópase non percibir axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados, estar empadroado en Ribadumia, e non superar os límites de ingresos requiridos.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 5 de agosto. As persoas interesadas ou que precisen información sobre algúns dos datos requeridos, poderán poñerse en contacto coas oficinas municipais e preguntar polo departamento de Servizos Sociais en horario de 9.00 a 14.00 horas. 

Dende o Concello animan a todas as familias que cumpran os requisitos a aproveitar a oportunidade e presentar a súa solicitude de bolsas para material escolar.