Denuncian sendos roubos nas instalacións do Concello de Ribadumia

O alcalde pide a colaboración veciñal cos corpos de seguridade para atopar aos autores
Instalación de A Senra en Ribadumia. DS
photo_camera Instalación de A Senra en Ribadumia. DS

Diversas instalacións do Concello de Ribadumia, como o campo de fútbol de A Senra e o campo de fútbol de Leiro, vironse afectadas por sendos roubos en moi pouco espazo de tempo. O alcalde da localidade do Salnés, David Castro, e o equipo de goberno local queren por sobre aviso á veciñanza, "para que estean atentos e se ven algo sospeitoso avisen os corpos de seguridade que teñen competencias no municipio.

Os roubos xa están denunciados nas dependencias da Garda Civil, onde se están facendo as averiguacións necesarias para tentar dar cos culpables destes delitos e que asuman as súas responsabilidades de ser detidos en algún momento. Nestes roubos nas instalacións municipais, os delincuentes forzaron as portas, arricaron tubaxes de cobre, subtraeron equipamento informático e  equipamento deportivo, entre outros.

Dende o goberno local sinalan: "condenamos e rexeitamos tanto estes actos como outros vandálicos que  van en detrimento da nosa veciñanza e apostamos pola seguridade, polo que estaremos pendentes  e en constante contacto coa Garda Civil para tentar averiguar a identidade dos autores destes delitos. Tratarase de levar a cabo un control máis disuasivo para evitar estes actos nun futuro".