Manuel Rivas presentará 'Tras no Ceo' en Sanxenxo

O evento organizado pola Librería Nós terá lugar este mércores ás 20.00 horas no Hotel Atlante 
Manuel Rivas presentado 'Tras do Ceo' na Libraría Paz de Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera Manuel Rivas presentado 'Tras do Ceo' na Libraría Paz de Pontevedra. GONZALO GARCÍA

Manuel Rivas volve a Sanxenxo para presentar a súa última novela Tras do Ceo (Xerais, 2024). O evento, organizado pola Librería Nós, terá lugar este mércores ás 20.00 horas no Hotel Atlante, onde estará acompañado do director da editorial Xerais, Fran Alonso.

Tras do Ceo é a súa última novela, negra radical, salvaxe, sen edulcorantes e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza de home polo home e a depredación social e natural. 

Este autor ten unha gran obra literaria traducida a máis de trinta linguas e publicada por editorial internacionais, onde destacan títulos como Un millón de vacas (1998, 2023), Os comedores de patacas (1991, 2922), En salvaxes compaña (1994), Que me queres amor? (1996), O lapis do carpinteiro (1998), Os libros arden mal (2006), Todo é silencio (2010), As voces baixas (2012), O último día de Terranova (2015) e Vivir sen permiso e outras historias de Oeste (2018). 

Ademais, Manuel Rivas conta con numerosos premios literarios coma o da Crítica Española, Crítica Galicia, o Premio Torrente Ballester, o Premio Nacional de Narrativa, Premio Arzobispo San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional, o Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro da década por Os libros arden mal.