Nais e pais de Sanxenxo protestan contra a "insuficiente" oferta para conciliar

A concentración tivo lugar este xoves diante da Casa Consistorial, tras a publicación de 45 prazas por quincena no programa Concilia Sanxenxo
Protesta da comunidade escolar este xoves fronte á Casa Consistoria. GONZALO GARCÍA
photo_camera Protesta da comunidade escolar este xoves fronte á Casa Consistoria. GONZALO GARCÍA

Nais e pais de alumnos e alumnas dos centros educativos de Sanxenxo concentráronse este xoves diante da Casa Consistorial en sinal de protesta polo que calificaron como "servizo insuficiente" de conciliación de cara ao verán.

O malestar chega tras a publicación da oferta de 45 prazas por quincena dentro do programa Concilia Sanxenxo, que terá lugar nas instalacións do CEIP A Florida, e cuxa inscrición abrirá próximamente.

O colectivo de nais e pais trasladou que moitas das familias traballan durante todo o verán tratándose dun concello turístico, e sinalaron que as opcións para conciliar no municipio son reducidas en comparación coas doutros municipios limítrofes.