Adxudicada a mellora dos accesos ao Piñeiriño con Wenceslao Fernández Flórez

Montajes J.M. Iglesias gañou o concurso ao que concorreron 12 empresas, para executar unha actuación que permitirá que autobuses e camións tamén poidan acceder ao barrio deste esta rúa, así como mellorar a seguridade dos peóns

Rúa Wenceslao Fernández Flórez. DS
photo_camera Rúa Wenceslao Fernández Flórez. DS

A Xunta do Goberno acordou na reunión desta semana adxudicar á firma Montajes J.M. Iglesias a obra de ensanche da rúa Wenceslao Fernández Flórez por ser a desta empresa a mellor das 12 ofertas que concorreron ao concurso. O contrato adxudicouse por 198.989,46 euros (IVE incluído), 15.231 euros por debaixo do prezo de licitación, e financiarase a través do plan Má ;is Provincia. O proxecto promovido polo Concello permitirá mellorar as comunicacións do barrio do Piñeiriño e elevar a seguridade viaria dos peóns na rúa que une a zona das Pistas co nodo no que conflúen a rúa Pablo Picasso co vial de acceso ao Porto e a Avenida de Cambados.

Unha vez se asine o contrato, os traballos poderán comezar tan pronto como a empresa estea dispoñible, posto que o Concello conta xa dende hai meses co permiso da Demarcación de Carreteras del Estado por tratarse dunha vía que enlaza coa estrada de acceso ao Porto, de titularidade estatal.

O ensanche de Wenceslao Fernández Flórez era moi necesario xa que a rúa presenta na actualidade certas limitacións para o tráfico rodado debido ao angosto dun dos seus tramos. Para proxectar a obra que corrixirá esta situación, o goberno local tivo que xestionar previamente a consecución dos terreos necesarios par a dar amplitude a rúa no punto no que se estreita. Chegouse a acordo con dous propietarios que, mediante a sinatura dos correspondentes convenios, ceden gratuitamente unha franxa de terreo de 21,5 metros cadrados. Con ela, ademais de desfacer o pescozo de botella que fai a vía nesta zona, poderase axustar a rúa á aliñación prevista no Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Tras a actuación que se vai iniciar proximamente, tanto os autobuses como os vehículos longos poderán transitar pola vía, ofrecendo así máis alternativas aos accesos ao Piñeiriño dende as rúas Fontecarmoa e Camilo José Cela. Ademais, a obra repercutirá positivamente na seguridade viaria xa que, ao gañar en amplitude, tamén se facilitará a convivencia entre peóns e vehículos.

O proxecto, que ten un prazo de execución de catro meses, inclúe ademais a renovación das redes de saneam ento e recollida de augas pluviais, así como a reposición do pavimento.