O Concello de Vilagarcía saca a licitación a compra e instalación de dous videomarcadores para o pavillón número 1 de fontecarmoa

O Concello inviste 56.685 euros no equipo co que se completa a reforma integral do polideportivo
 
Traballos na cuberta do pavillón de Fontecarmoa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Trabajos de mejora en la cubierta del pabellón de Fontecarmoa de Vilagarcía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Concello de Vilagarcía vén de licitar o subministro e instalación de dous videomarcadores para o pavillón número 1 de Fontecarmoa. O valor do contrato ascende a 56.685 euros e o prazo de execución é de un mes. As empresas interesadas poden presentar as súas oferta s ata o 13 de setembro. Con esta equipamento o Concello completa a importante reforma e modernización levada a cabo nos últimos meses no pavillón principal do complexo multideportivo municipal, actuación na que se investiron algo máis de 2 millóns de euros.


Segundo se especifica nos pregos, cada unha das pantallas terá un tamaño mínimo de 10 metros cadrados (4 metros de largo por 2,5 de alto), deben servir como marcadores deportivos e tamén como soporte para transmitir información e publicidade. Serán pantallas de última xeración e de tecnoloxía led de baixo consumo que permitan a súa instalación en espazos interiores e exteriores. O equipamento debe contar coa etiqueta da CE e permitir un amplo ángulo de visión (mínimo de 140 graos en horizontal e en vertical).

Ademais do subministro do equipamento, o contrato inclúe a montaxe e instalación das pantallas, a co nexión á fibra óptica, a posta en funcionamento, a consola de control e o software deportivo e multimedia. Ademais, debe ser un sistema de fácil manexo e a adxudicataria deberá impartir unha xornada formativa sobre o funcionamento dos equipos.