As escolas municipais volverán contar co taller de Lego Stem este ano

O taller, que o pasado ano tivo unha alta demanda entre as familias do municipio, e que colleitou uns bos resultados, fai referencia a un novo modelo educativo
Niños y niñas en una actividad municipal en las instalaciones del CEIP A Florida. DP
photo_camera Niños y niñas en una actividad municipal en las instalaciones del CEIP A Florida. DP

O Concello abrirá o vindeiro luns 23 e ata o 30 de setembro, o prazo de inscrición para as escolas municipais. As actividades darán comezo o 14 de outubro e rematarán o 30 de maio. Entre o calendario de actividades estarán as ludotecas que se desenvolverán polas tardes nos colexios de A Florida, Abrente, Telleiro, Portonovo, Nantes, O Cruceiro e Magaláns, e estarán dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e 1º e 4º de Educación Primaria. As cotas mensuais serán de 12 euros para empadroados e de 15 euros para non empadroados.

A actividade volverá contar co taller Lego Stem, e un ano máis, estarán incluidas nestas escolas as técnicas de estudo, pensando no alumnado de 5º e 6º de Primaria, ESO e FP Básica. Traballarase a autoestima, a motivación, a organización e planificación, así como a lectura comprensiva, expresión escrita e oral, a creatividade, a relaxación e o traballo individual e grupal. As cotas mensuais serán de 10 euros para empadroados e 12,50 euros para non empadroados.

O Centro de Arte municipal tamén ten o seu espazo dentro da programación para o desenvolvemento da expresividade artística. Pensado para o alumnado, a partir de 2º de Educación Primaria e ESO, se desenvolverá no Pazo de Emilia Pardo Bazán, os luns e mércores. A cota mensual é de 12 ou 15 euros e o aforo por clase é de 12 alumnos. Para os adultos, o Centro de Arte tamén ábrese o 14 de outubro con dúas clases semanales. A taxa mensual é de 32 ou 40 euros.

Taller lego. O Taller de Lego Stem, que tanto éxito tivo na edición pasada, volve a incluirse nas escolas municipais este ano e abrirase proximamente a inscrición. Esta actividade estará dirixida ao alumnado de Primaria e terá lugar no Usos Múltiples de Portonovo todos os venres. As prazas estarán limitadas a 16 alumnos por clase e a adxudicación farase por orde de inscrición.

O taller, que o pasado ano tivo unha alta demanda entre as familias do municipio, e que colleitou uns bos resultados, fai referencia a un novo modelo educativo que ensina de maneira simultánea e integrada diferentes conceptos que teñen que ver coa ciencia, coa tecnoloxía e coas matemáticas dende o enfoque da enxeñería, é dicir, nun contexto práctico de deseño e construción de obxectos e sistemas que resolvan un problema. 

A ensinanza Stem está baseada na indagación, que se leva a cabo planificando experimentos, investigando hipóteses, buscando información, construíndo modelos, traballando en equipo e propoñendo explicacións coherentes tal e como se fai en enxeñaría. Estas ensinanzas impartiranse utilizando sets educativos Stem da marca de xoguetes Lego.