Vilagarcía forma en primeiros auxilios ao persoal municipal

Os técnicos do Servizo Municipal de Emerxencias son os encargados de impartir as sesións, que comezaron este lunes co profesorado do Conservatorio Municipal
Trabajadores sanitarios en una ambulancia del 061. AEP
photo_camera Trabajadores sanitarios en una ambulancia del 061. AEP

O persoal do Concello de Vilagarcía comezará a recibir formación en primeiros auxilios e uso de desfibriladores. Os técnicos do Servizo Municipal de Emerxencias serán os encargados de impartir as sesións que combinan contidos teóricos con prácticos co obxecto de que os traballadores e as traballadoras adquiran os coñecementos básicos para actuar ante unha situación de urxencia que poida producirse nas dependencias municipais e saiban asistir a unha persoa en parada cardíaca ou respiratoria ata o momento da chegada dos servizos médicos.

O plan formativo comeza o este luns coa sesión que recibirá o profesorado do Conservatorio Municipal e o martes será a quenda do equipo docente da Escola Municipal de Música. O programa estenderase a todos os servizos municipais, continuando a semana que vén co plantel da Biblioteca e, de seguido co do das prazas de abastos e a Fundación Municipal de Deportes.

Para impartir as clases, o persoal de Emerxencias servirase de audiovisuais explicativos na parte teórica, e cos manequíns médicos e os equipos DESA similares aos que existentes nas instalacións municipais, para a realización de prácticas.

Dado que dunha atención axeitada nos primeiros minutos pode depender a vida dunha persoa que sufra unha parada respiratoria ou cardíaca, a formación en primeiros auxilios ofrecerase tamén á poboación en xeral, con sesións e demostracións a pé de rúa nas que poderán participar todas as persoas que o desexen. Este luns á tarde, entre as 16.00 e as 19.00 horas, Emerxencias realizará unha destas sesións na Praza da II República, e nas seguintes semanas do mes haberá actividades similares nas prazas de Vilaxoán, Carril e no centro de Vilagarcía.