Música e viño danse cita un ano máis nos Xoves de Códax

Miguel Poveda, Sumrrá & El Niño de Elche, Moisés Fernández, Mondra e A Pedreira serán os artistas convidados ▶ O ciclo arranca o 11 de xullo ata o 8 de agosto
Uno de los conciertos del ciclo 'Os Xoves de Códax' de este verano. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Un dos concertos do ciclo Os Xoves de Códax en edicións pasadas. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Un ano máis, Bodegas Martín Códax ven de presentar o seu ciclo musical Os Xoves de Códax, que cumpre 11 edicións. Esta iniciativa ofrece aos amantes da música e do viño unha oportunidade única de gozar de recoñecidos artistas nun entorno inigualable. Os concertos, que se celebrarán cada xoves dende o 11 de xullo ó 8 de agosto ás 20.30 horas, estarán marcados pola gran variedade de estilos fusionados entre si.

Esta decimoprimeira edición está caracterizada pola mestura musical e cultural, que abrangue dende o flamenco, a electrónica ata a música de raíz galega, e que da o valor añadido, unha vez máis, ás propostas culturais da bodega. Coma sempre, terá lugar na terraza da bodega, onde todos os asistentes gozarán dos concertos e actuacións no marco dos atardeceres únicos que ofrece O Salnés, mentres degustan os viños da adega.

Cinco artistas consolidados con sorpresas

O ciclo musical de Os Xoves de Códax comezará por todo o alto. O 11 de xullo, Miguel Poveda debutará en Martín Códax convidado por Miguel Lamas.

A seguinte actuación correrá a cargo de Sumrrá & El Niño de Elche, que chegarán á terraza de Bodegas Martín Códax o 18 de xullo.

Moisés Fernández será o protagonista da cita musical do 25 de xullo con La fiesta del sur. Trátase dunha sesión flamenca onde o santiagués convidará ao escenario a recoñecidos artistas a nivel mundial como Josué El Ronkío, El Pakete, Antonio Montoya, Juan Carmona, Jose Martía Cortina, Rubén de Marchena, Marina Carmona, José del Pakete e Antonio Carmona como prato forte.

As últimas dúas sesións de Os Xoves de Códax terán como artistas a Mondra (1 de agosto) e A Pedreira (8 de agosto).

Entradas á venta a partir do 26 de xullo

Para asistir a cada un dos concertos do ciclo será preciso adquirir a entrada na páxina web de Ticketrona, dispoñibles a partir do vindeiro mércores 26 de xuño de xuño ás 12.00 horas. Poranse á venda un total de 350 entradas por concerto e a compra estará limitada a 4 entradas máximo por persoa para cada un dos concertos.