Dúas incorporacións, unha renovación e novo delegado: Marcos Bermúdez (adestrador de porteiros) e Marcos Davila (fisioterapeuta) súmanse ao Arosa SC; Pedro Lago (podólogo), pola súa parte, renova un ano máis logo de 9 tempadas no club. Samuel Álvarez Caneda, 'Mosto', adestrador do Benxamín A, será tamén o delegado e utilleiro do primeiro equipo.
Marcos Bermúdez formouse na canteira do Real Madrid, onde estivo en categoría cadete e xuvenil. Máis adiante xogou en equipos como Celta B, Portonovo, Vilalonga e Céltiga. Como adestrador de porteiros leva desde 2016 colaborando co Grupo Asesport, grazas ao cal adestrou porteiros das bases do Vilalonga e do Poio, entre outros."A oportunidade que me dá o Arosa é irrechazable. Por nome, calidade de plantel e ambicións non podo ter unha mellor oportunidade".
Marcos Davila leva toda a súa traxectoria profesional como fisioterapeuta ligado ao fútbol, sendo esta a súa terceira vez no Arosa SC. "Estou moi contento de formar parte deste proxecto no que creo. É un orgullo, xa que son de Vilagarcía".
Pedro Lago será o podólogo do primeiro equipo por décima tempada, que afronta “con ganas de aportar e traballar en conseguir os obxectivos”. Samuel Álvarez Caneda, 'Mosto', será o novo delegado e utilleiro do primeiro equipo, o que compaxinará coa súa labor na base como adestrador do Benxamín A.