Falece unha muller ao atragantarse comendo nun restaurante da Illa de Arousa

Foron varios particulares quenes avisaron aos servicios de emerxencias preto das 21.00 horas
Unha ambulancia do 061. ADP
photo_camera Unha ambulancia do 061. ADP

Unha muller, de avanzada idade, faleceu despoies de atragantarse cando comía nun restaurante do municipio pontevedrés da Illa de Arousa. Dende o servizo de emerxencias 112-Galicia confirmaron que recibiron un aviso pouco antes das 21.00 horas após a chamada de varios particulares. En concreto, informaban que unha muller se atragantara e pedían unha ambulancia. Ao lugar desprazáronse desde Urxencias Sanitarias-061, ademais de informarse á Garda civil .Con todo, á chegada do equipo sanitario desprazado ao lugar só púidose confirmar a morte da muller. Os feitos tiveron lugar nun local da avenida de Castelao.