A Asociación Arousa en Transición pide medidas para regular actividades turísticas

Dende a organización denuncian a escasa actuación das institucións ante as prácticas do turismo de masas
Praia do Vao. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Praia do Vao. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O bo tempo do mes de agosto converteu a Illa de Arousa un ano máis nun dos destinos preferido de Sol e Praia da Comarca do Salnés. Sen embargo, a afluencia de tantos vehículos particulares, trouxo unha vez máis as imaxes de colas de coches e eternas caravanas para poder entrar e saír da illa. Na Arousa, ó igual que noutras moitas localidades, o impacto dun turismo de masas e de dimensión industrial está a provocar malestar e “turismofobia” entre as persoas residentes, xa que se produce unha depredación das súas condicións de vida.

Dende a Asociación Arousa en Transición denuncian dende o ano 2020 a deriva da páctica turística na Arousa. Tamén tiveron reunións coa corporación local para solicitar que se adoitasen medidas que ordenen certas actividades de grande impacto medioambiental como o autocaravanismo controlado ou a instalación de máis chiringuitos nas praias. Solicitan que se tomen as decisións políticas valentes para frear certas actividades. A asociación pretende apostar por un turista sensibilizado co medio ambiente e a perservación da natureza, o cal é difícil co aumento do turismo de Ocio e Borrachera. As calas de zonas protexidas, como Carreirón, tamén están afectadas polas actividades que se levan acabo. Arousa en Transición defende que dende as administración non se destinan recursos suficientes para fomentar a Concienciación e Educación Medioambiental

O AUMENTO DO CARAVANISMO 

Os datos abalan que esta moda aumentou nun 600% dende a pandemia e na Arousa sofren tamén este boom. Non obstante, dende Arousa en Transición consideramos que a illa non ten espazo suficiente para asimilar a desmesurada demanda deste tipo de vehículos (o noso parque de coches municipal xa é moi elevado e a superficie de altísima densidade de poboación é tan só de 7km2).Ao tratarse de estadías curtas, como máximo un ou dous días, provoca un continuo trasiego de caravanas e furgonetas entrando e saíndo da cidade cunha terrible pegada de carbono. É por iso que a asociación pensa que é necesario establecer unha capacidade de carga de vehículos e caravanas e promover o estacionamiento ma entrada da illa, na zona do Bao. Por outra banda, consideran imprescindible a prestacións de servizos con previo pago a este perfil de viaxeiros para evitar campamentos ilegais. 

Sendo os campings os únicos establecementos de aloxamento que requiren autorización previa da Axencia de Turismo de Galicia, o resto soamente precisan unha declaración responsable e a posterior inspección do cumprimento da normativa municipal. Con todo a Asociación Arousa en Transición denuncia a inoperancia das institucións e actitude temeraria dos usuarios que alimentan estas prácticas ilegais.