A Deputación está a realizar preto de 30 actuacións en campos de fútbol de Arousa

Estos traballos están no marco do programa de mantemento dos campos de fútbol da provincia que convoca a institución
Campo de fútbol de hierba sintética. ARCHIVO
photo_camera Campo de fútbol de hierba sintética. ARCHIVO

A Deputación de Pontevedra está a abordar os traballos de mantamento de preto de 30 campos de fútbol tanto de herba natural como de herba sintética de nove concellos da zona de Arousa. Estes traballos están no marco do programa de mantemento dos campos de fútbol da provincia que convoca anualmente a institución provincial, no cal achega en préstamos tanto a maquinaria como o persoal operado para que as instalacións deportivas se manteñan en bo estado para a práctica e posibilitar que aumente a súa vida útil. 

Os traballos en campos de fútbol de herba natural correspóndense con infraestruturas dos concellos de Cambados (Burgáns), A Illa de Arousa (Salvador Otero), Ribadumia (A Senra), Valga (Baño) e Vilagarcía de Arousa (A Lomba e Fontecarmoa).

Pola súa banda, a Deputación tamén está a traballar en campos de fútbol de herba sintética dos concellos de Cambados (O Pombal 1 e 2), Meaño (A Toxa e As Cachizas), Meis (Zacande e O Mosteiro), Pontecesures (Ramón Diéguez), Ribadumia (A Bouza e A Senra II), Valga (Campaña), Vilagarcía de Arousa (A Pelada, Mary Paz Vilas Dono, Berdón, Vilaxoán e Manuel Jiménez Abalo-Fontecarmoa) e Vilanova de Arousa (Monte Redondo, O Terrón, As Chans e Monte da Lomba).

No marco do programa de mantemento dos campos de fútbol da provincia, a Deputación de Pontevedra está a actuar nun total de 93 campos de fútbol de 41 concellos, 69 campos de herba sintética e 24 de herba natural. No caso dos campos naturais, os traballos que solicitan os concellos consistiron en escarificado, picado e/ou resementado, mentres que nos campos de herba sintética se procedeu a súa limpeza, descompactación, cepillado e/ou á reposición do caucho e da area.