David Conde e Dani Sánchez seguirán vinculados o Arosa unha tempada máis

O porteiro xogou cedido na pasada campaña no Portonovo e o defensa acumulou máis de 1.100 minutos no equipo arlequinado na Terceira REF
Dani Sánchez Arosa SCD
photo_camera Imaxe das redes sociais do Arosa SCD para anunciar a renovación de Dani Sánchez.

David Conde, que na pasada tempada foi cedido ao Portonovo, xogando 28 partidos na Preferente Sur, regresa á portería do Arosa SC. Por outra banda, Dani Sánchez, que na pasada campaña sumou máis de 1.100 minutos en Terceira RFEF, seguirá un ano máis vestindo a camiseta arlequinada.

Con Míchel Alonso no banquillo, estas son as dúas primeiras renovacións da tempada 2024/2025, que constatan a importancia que a canteira arlequinada terá neste novo proxecto deportivo.