Adina honra a San Miguel e á Virxe do Rosario esta fin de semana

A actuación da orquestra Marbella o sábado e a Festa Gastronómica do domingo serán os puntos fortes

A presentación da cita. DS
photo_camera A presentación da cita. DS

A parroquia de Adina celebra esta fin de semana as súas festas na honra de San Miguel e da Virxe do Rosario, os días 13, 14 e 15 de outubro.

A celebración comezará o venres 13, coa tirada de fogos ao mediodía, e retomarase pola noite, coa verbena a cargo da orquestra Kubo e a discomóvil Dolce Vita a partir das 21.00 horas, que será o preludio dos dous días grandes da cita.

O sábado 14 haberá pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os do Barro e da Charanga Noroeste, e ás 12.00 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Miguel, con procesión. Ao finalizar o acto  comezará a sesión vermú con música de charanga, mentre sque a partir das 21.30 horas a orquestra Marbella e o Trío Rever protagonizarán a verbena.

O último día de festa, o domingo 15, Os do Barro e Lembranzas encargaranse do pasarrúas, mentres que ás 12.00 horas oficiarase a misa solemne na honra da Virxe do Rosario, tamén con procesión. Como punto forte do día, a sesión vermú abrirá a Festa Gastronómica, a partir das 13.00 horas, onde os asistentes poderán degustar orella, callos, empanada e churrasco con criollo, ao son da música de Os Dinámicos.