A libraría Nós de Sanxenxo acolleu a presentación do libro André

Óscar Senra Gómez conta con seis libros escritos e varias traducións ao galego
Presentación do libro André na libraría Nós. DS
photo_camera Presentación do libro André na libraría Nós. DS

divulgador cultural e escritor galego, Óscar Gómez Senra, nado en Sanxenxo, presentou este xoves o seu novo libro na libraría Nós, na capital turística. Este libro, nomeado André trata sobre unha acusación de cincuenta anos atrás que axita á familia Fredberg, dous irmáns deciden viaxar de Vedra a Oslo á procura de respostas. 

O autor licenciouse en Ciencias Sociais pola Universidade Aberta de Lisboa e, na actualidade, dedícase á divulgación cultural na cooperativa de Santiago Maos Innovación Social. Ten seis obras co seu nome e, xunto a Sandra Senra Gómez, traduciu varios libros de literatura infantil para Kalandraka, como As tres curuxiñas ou Os esqueletos divertidos.