Sabías que...

A película ‘El Hereje’ do ano 1958 foi gravada en Portonovo

Parte da veciñanza participou na rodaxe como personaxes extra
Zona do porto da localidade de Portonovo. DS
photo_camera Zona do porto da localidade de Portonovo. DS

El Hereje’ é un filme do ano 1958 dirixido por Francisco de Borja Moro e con José María Sánchez Silva no guión, e contando no reparto con Folco Lulli, José Guardiola e
Julio Riscal. A película atópase no posto número 72 das máis ‘taquilleras’ de todos os tempos e contou cun total de 8,5 millóns de espectadores. Ademais da importancia
que representa o filme na esfera audiovisual internacional, a súa produción conta coa relevante circunstancia de que a metade da película foi gravada na localidade de Portonovo.

No filme nárrase a historia da Inquisición Española, cando o Cardeal Grandinquisidor atopa a un herexe no campo de batalla, o cal desafíao. A desputa obrigará ao protagonista a loitar pola verdade e, tamén, pola súa vida.

Algunhas das escenas da largometraxe foron rodadas na localidade de Portonovo e en Combarro. Ademais, veciñas da zona participaron como personaxes extra no desenvolvemento da produción cinematográfica de ‘El Hereje’.